O Concello de Cambre Organiza o CROMÁTICO MURAL FEST, o festival reúne en cada edición a unha coidada selección dos mellores artistas urbanos do momento. O Evento achega á cidadanía a arte na rúa ao mesmo tempo que serve como ferramenta rehabilitadora, funcionando coma arma contra os espazos degradados, en desuso ou castigados polo "feísmo". Muralismo, obradoiros, concursos para creadores noveis e roteiros guiados son algunhas das actividades que concentra o evento creando un gran museo ao aire libre.